Lámpada de lava

A clase de 6ºB fixo un experimento cunha lámpada de lava; para contarvos as nosas conclusions e como nos resultou fixemos este informe
 Lámpada de lava 

No noso informe explicaremos o que sucedeu co experimento da lámpada de lava e as nosas conclusións. Fixémolo para observar o que sucede cos líquidos e as súas densidades no funcionamento da lámpada.
Para facer este sinxelo experimento necesitaremos os seguintes materiais:
  • Unha botella transparente dun litro - 
  • Auga - 
  • Aceite vexetal - 
  •  Colorante alimentario líquido (podes elixir o cor) - 
  • Pastilla efervescente de vitamina C - 
  • Un vaso - 
  • Un embude - 
  • Unha lanterna 
 Cos anteriores materiais seguiremos estes pasos:

  1.  Enche o vaso con 250 mililitros de auga. 
  2.  Bota o colorante no vaso de auga e reméxeo ata que quede ben disolto 
  3.  Verte, con axuda do embude, 500 mililitros de aceite na botella transparente 1 litro 
  4. Introduce a auga con colorante na botella e observa como cae. Neste paso observamos que ao introducir o colorante liquido o aceite queda enriba da auga; e tamén forma burbullas. 
  5. Parte a pastilla efervescente e introdúcea na botella. 
No paso 5 vimos que cando introducimos a pastilla as burbullas souberon cara arriba. Aos poucos segundos a pastilla efervescente disolveuse e deixou de haber burbullas.

As conclusións que obtivemos neste experimento son as seguintes:
  • Formáronse burbullas porque contiñan bicarbonato e un ácido, os cales ao entrar en contacto coa auga e liberan dióxido de carbono, que forma burbullas. 
  • O aceite non se disolveu e formou unha mestura heteroxénea, posto que ten mais densidade. Se por exemplo utilizásemos vinagre en vez aceite, o vinagre mesturaríase na auga coloreada e formaríase unha mestura homoxénea; xa que teñen a mesma densidade. 
Fontes: O libro de ciencias naturais
Autoría: Sofía, Yessica, Alberto e Ezequiel .